A expansión de Horizon Zero Dawn verá a luz o 7 de novembro
luns, 7 de agosto do 2017
Curiosamente nun momento no que o xogo Horizon
Zero Dawn está de
oferta a un prezo de 33,99 euros na PS Store, un dos exclusivos de
PlayStation 4 máis salientables de todo o ano anuncia a súa expansión, The Frozen Wilds, que escribirá un novo
capÃtulo da viaxe de Aloy, incluÃndo unha nova área que explorar, con novos
misterios que desenmarañar e novas armas letais ás que enfrontarse, e da que
por fin sabemos a súa data de lanzamento: o 7 de novembro.
AÃnda que polo momento sábese pouco do que achegará esta expansión do que
podemos considerar case como a sorpresa do ano (pese a estarmos ante unha
superprodución), na
PlayStation Store xa ofrecen o xogo para a súa compra anticipada, podendo
beneficiarse os subscritores de PlayStation Plus dun desconto do 10%, ou sexa,
que poderán adquirir o xogo a 17,99 euros até a súa posta á venda oficial.
VÃdeo no que anuncian a data de lanzamento de The Frozen Wilds