A demo de Skate 2 chega á Xbox 360

xoves, 8 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios Gold de Xbox LIVE poden descargar dende hoxe a versión de demostración do xogo Skate 2, que chegará o 23 de xaneiro para PS3 e Xbox 360 coma continuación de Skate, ese título de skateboarding que hai case un ano conseguiu superar ao Tony Hawk’s Proving Ground en vendas, enfrontamento que se volverá a producir agora co inminente lanzamento de Tony Hawk’s Adrenaline.
A demo de Skate 2 permítenos probar o editor de personaxes, parte do modo historia e movernos por unha sección da cidade na que se ambienta o xogo, contando tamén con modos de xogo en liña, que polo momento están reservados para usuarios de Xbox 360, saído esta demo tamén para PlayStation 3 o vindeiro 15 de xaneiro.

PUBLICIDADE