A demo de Final Fantasy XIII estrearase nunha pelÃcula de animación en Blu-ray
luns, 4 de agosto do 2008
- Escena da impresionante pelÃcula de animación tridimensional Advent Children
A asociación
entre o formato de discos Blu-ray e a consola de videoxogos PlayStation 3
parece inquebrantable, e coma exemplo tempo que a pelÃcula de animación Advent Children, situada no universo do
xogo Final Fantasy VII e xa publicada
en España en DVD, incluirá unha grata sorpresa na súa edición en alta
definición, pois no seu disco Blu-ray se incluirá
de xeito exclusivo e temporal unha demo de Final
Fantasy XIII, de xeito que só os usuarios de PS3 poderán ter un
adianto do xogo, aÃnda que máis adiante se incluirán versións demo tanto na
PlayStation Network coma en Xbox LIVE.
O xogo non sairá á venda ata 2009 (tanto para PS3 como para Xbox 360), e parece
que se fará esperar uns meses porque Advent
Children en Blu-ray aÃnda sairá no mes de marzo, polo que parece difÃcil
que o xogo completo se venda antes do verán.
A nova versión da pelÃcula non se limitará a mellorar a resolución gráfica,
senón que tamén incorporará máis detalles e escenas, no que será unha edición definitiva.