A cultura que pide paso na era dixital, ao detalle este martes na sede do CCG
luns, 2 de decembro do 2019
Este
3 de decembro temos unha cita en Santiago cos novos camiños polos
que está a discorrer hoxe en día a cultura no seu percorrido cara a
cidadanía, camiños que, malia as diferenzas que poidan ter,
coinciden no feito de seren innovadores e primordialmente
tecnolóxicos. A xornada Contidos
e prácticas culturais e artísticas na contorna dixital vén
da man do Consello da Cultura Galega. Dará comezo ás 16.15 horas,
coa intervención inaugural de Rosario Álvarez, presidenta do CCG, e
Carme García Mateo, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e
Comunicación, a partir das 16.15 horas. O fío temático do evento
serán as novas iniciativas culturais que precisan de Internet para a
súa creación, difusión ou exhibición.
Bani
Brusadin ou Esther Pérez-Amat son algunhas das persoas que
participarán neste encontro no que tamén se exporán proxectos como
@elbarroquista ou Fálame de San Sadurniño.
Amais, Sergio Lago (BenCuriosa), xestor cultural e coordinador de
Coruña Dixital, falará deste programa municipal integral de
educación e divulgación dixital.
A
xornada vén da man da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación
do CCG e forma parte dun ciclo de catro xornadas nas que se tratarán
diferentes liñas de traballo agrupadas en catro eixes. O obxectivo
específico desta segunda actividade do ciclo “é realizar unha
aproximación a algunhas das novas tendencias, estratexias e
ferramentas coas que o público está a conectar cos contidos
culturais e artísticos na contorna dixital”.
Nun
primeiro bloque avaliaranse prácticas artísticas e culturais que
están a experimentar coa mediación tecnolóxica, “especialmente
propostas de hibridación entre a experiencia física e a dixital”.
Tamén se botará luz sobre as novas posibilidades que se abren, pero
tamén sobre “as olladas críticas sobre como está a influír a
propia tecnoloxía e os novos hábitos de consumo cultural na nosa
sociedade”. Asemade, ao abeiro dunha perspectiva de novas
tendencias, afondarase nos detalles do que se considera “un dos
últimos bastións dos consumos culturais tradicionais que resiste á
súa dixitalización”. Trátase dos novos formatos e ferramentas
inmersivas dentro das artes escénicas e musicais.
Nun
segundo bloque, centrado en experiencias galegas, divulgaranse dous
casos de éxito de profesionais que traballan en entidades do país.
En ambos os casos os seus responsábeis debullarán as estratexias
que aplican, empregando ferramentas comúns como as redes sociais ou
a creación audiovisual. Trátase, como dixemos, de El Barroquista
e Fálame de San Sadurniño.
A
próxima xeira do ciclo será o 12 de maio, baixo o epígrafe
Patrimonio, turismo e centros culturais: a elaboración de relato,
o deseño de experiencias, as técnicas de programación cultural e a
relación cos públicos.
Damos
conta do programa da xornada de mañá:
·16:15 horas
Inauguración
·16:30 horas
Bloque
I
Conferencia
1
Explorando
os espazos de intersección entre a arte, a tecnoloxía e as novas
culturas populares dixitais
Bani
Brusadin, produtor cultural, investigador e comisario de exposicións
e eventos, como Tentacular (Festival de Tecnologías Críticas y
Aventuras Digitales-Matadero Madrid). É codirector dende 2004 de The
Influencers (CCCB), festival de referencia sobre arte non
convencional, guerrilla da comunicación e novas tecnoloxías.
Conferencia
2
Da
butaca ao salón da casa, experiencias dixitais inmersivas nas artes
escénicas e musicais
Esther
Pérez-Amat, xornalista e membro do Laboratorio de Innovación de
RTVE.es
Debate
Modera:
Sergio Lago (BenCuriosa), xestor cultural especializado no ámbito
dixital
18:00
horas
Pausa
18:30
horas
Bloque
II
Mesa
redonda Boas prácticas dende Galicia
Relatorio
e moderación da mesa: Sergio Lago (BenCuriosa), xestor cultural e
coordinador de Coruña Dixital, un programa municipal integral de
educación e divulgación dixital.
Modelos
de éxito na divulgación cultural e artística a través das redes
sociais
Miguel
Ángel Cajigal Vera, @elbarroquista
Estratexias
de mediación no ámbito sociocultural e da alfabetización dixital
de adultos
Carme
Suárez Nieto, Fálame de San Sadurniño
20:00
horas
Peche
da xornada