A crise provoca problemas de distribución no Reino Unido de Mass Effect 3
mércores, 29 de febreiro do 2012
Nas
últimas semanas temos comentado as dificultades que está a pasar a cadea de
videoxogos GAME no Reino Unido (onde está a empresa matriz) que vese incapaz de
aprovisionar xogos para a súa venda por dificultades de liquidez, o que poderÃa
facer perigar a súa supervivencia como empresa, o que cada vez resulta máis
evidente se temos en conta que esta mesma mañá dende Eurogamer descubriron que no
mes de marzo as tendas británicas do grupo GAME non contarán con unidades dos
xogos de EA, incluÃndo o principal lanzamento do mes, o agardado Mass Effect 3, o que incluso levou á súa editora a
publicar unha actualización na que informan de que a edición para
coleccionistas do xogo só poderá reservarse a través de 4 tendas en liña
(Amazon.co.uk, Play.com, Zavvi.com e ShopTo.net) instando a quen encargase o
xogo na súa tenda local a que se puxera en contacto coa mesma para solicitar a
devolución da fianza depositada.
Ao parecer, GAME xa está a devolver os cartos a quen reservase algúns dos
futuros lanzamentos de EA, sendo o último do que conseguiron unidades o tÃtulo
deportivo SSX; aÃnda que ausencia de Mass Effect 3 nos alzadeiros das tendas
de videoxogos británicas o dÃa do seu lanzamento (o vindeiro 9 de marzo) pode
supor unha perda de ingresos económicos para os establecementos comerciais, que
verán asà agravada a súa feble situación.
ACTUALIZACIÓN: IGN filtra o comunicado de GAME no que informan de que non aprovisionarán as novidades de EA do mes de marzo:
NOVA ACTUALIZACIÓN: Conforme
avanza o dÃa as informacións sobre o grupo GAME son aÃnda máis negativas, e
agora mencionan que, aparte dos xogos de EA, as
tendas británicas de GAME non están a aprovisionar copias de Mario Party 9, un xogo que deberÃa chegar
ás tendas este venres, e que tamén serÃa un dos grandes lanzamentos para o mes
de marzo.
Para botar máis leña ao lume temos que GAME caeu un 15% na súa cotización
bolsista ao saberse que non venderÃa Mass
Effect 3 e, ademais, dende a cadea norteamericana GameStop (un dos
principais competidores de GAME en moitos paÃses) estarÃa
interesada en adquirir as tendas de GAME en Reino Unido e España, mentres
que dende
GAME aseguran que a situación actual é temporal,
e que só hai un pequeno número de tÃtulos que non poderán vender no mes de
marzo.