A consola virtual da Wii incorpora xogos de Commodore 64
venres, 22 de febreiro do 2008
- International Karate para Commodore 64
A consola Nintendo Wii permite
na súa consola
virtual redescubrir a xogos de vellas plataformas como as antigas consolas
domésticas de Nintendo (NES, SNES e N64), a Sega Megadrive, a PC Engine ou as
máquinas recreativas baseadas en Neo-Geo, e agora incorpora
a esta oferta de xogos ó ordenador de 8 bits Commodore 64.
Os primeiros tÃtulos de C64 que chegan á Wii son os clásicos International
Karate e Uridium, un xogo de loita e un xogo de naves
respectivamente, que foron especialmente importantes na historia dos videoxogos
na segunda metade da década dos 80 e que se poden adquirir agora por 500 puntos
Wii.
En YouTube podemos ver vÃdeos nos que se rememoran ambos tÃtulos:
|
|
- Van Damme xogando ó Karate Champ en Contacto Sangriento
Amais, podemos destacar que o xogo International Karate contaba con versión de recreativa (Karate Champ) e para distintas plataformas, quedando na memoria de moitos grazas á pelÃcula Contacto Sangriento, na que Jean Claude Van Damme botaba unha partida á devandita recreativa, que sorprendÃa por empregar dúas pancas de xogo cada xogador.