A confianza dos consumidores na operadora galega R cae un 18,55%
mércores, 21 de outubro do 2009
- Porcentaxe de confianza dos usuarios segundo respostas por operador en Galicia
A Unión de Consumidores de Galicia
elaborou por segundo ano consecutivo en colaboración con outras Unións de
Consumidores Autonómicas o Estudo sobre a Confianza dos Usuarios nos Operadores
de Telecomunicacións (descargable
en formato PDF), reflectindo que o 12,1% dos españois consultados
non confÃan en ningún operador, mentres que no caso de Galicia a marxe de
desconfianza chega ata o 16,6%, experimentando un grande incremento con
respecto do 4,4% do ano anterior, resultando igualmente destacable o caso da
operadora galega de cable R, que pasou dunha confianza do 24,8% ao 20,2%, o que
supón unha perda de confianza dun 18,55%, mentres que a confianza en operadores
coma Telefónica mantense e incluso medra lixeiramente.
Tamén caeu a confianza en operadores máis cativos, dando a impresión de que os
consumidores prefiren optar por compañÃas recoñecidas, aÃnda que haberÃa que
destacar que o nivel de confianza non ten ningunha relación directa co número
de reclamacións ou incidencias presentadas, tratándose dun valor de percepción,
que pode verse claramente afectado pola conxuntura económica.
ACTUALIZACIÓN: Persoal de R contactou a tÃtulo individual con esta publicación para pór en dúbida a metodoloxÃa do estudo da Unión de Consumidores de Galicia, argumentando que os resultados que acadan son moi semellantes ás cotas de mercado dos distintos operadores, asà coma outros defectos na enquisa realizada para determinar a confianza dos consumidores.