A chinesa Elephone chega a España con servizo técnico en Galicia
xoves, 29 de setembro do 2016
Cada vez son máis os fabricantes asiáticos que desembarcan
en Europa para espallar o seu negocio e ofrecer un mellor servizo aos seus
clientes, e unha das compañÃas chinesas de máis presenza no noso mercado en
produtos como os smartphones, os smartwatches ou as cámaras de acción,
Elephone, vén de dar un paso importante abrindo canle de distribución e soporte
técnico oficial en España, para o que chegaron a un acordo con Telenet Central
LogÃstica, S.A., compañÃa que convértese no distribuidor exclusivo da marca no
territorio español.
Deste xeito Elephone xa conta cunha
páxina web oficial na que recolle a información dos seus produtos, á vez
que tamén facilita o acceso á
súa tenda en liña e ao seu servizo técnico (xestionado
por Celular Net), que responderá á garantÃa de 2 anos da que gozarán os
produtos adquiridos a través da canle oficial (os comerciantes que importen directamente
dende China deberán responder da garantÃa pola súa conta).
Cómpre destacar que a empresa que xestiona as reparacións de Elephone, a
mencionada Celular Net, ten sede en Mos (Pontevedra), polo que os trebellos que
presenten problemas non terán que viaxar ao estranxeiro para a súa reparación,
reducindo os tempos de resposta e converténdose asà en toda unha garantÃa para os usuarios que queiran
animarse a adquirir un produto da marca chinesa e non queiran arriscarse a mercalo
a través de tendas en liña asiáticas.
Para potenciar a presenza española Elephone tamén conta con páxina de Facebook e conta en Twitter, e actualmente no
seu catálogo destacan produtos como o smartwatch Elephone W2 (que custa só
79,90 euros), unha cámara deportiva 4K que custa só 89,90 euros, unha
innovadora cámara de 360 graos (por 199,90 euros) e smartphones con prezos que
van dende os 99,99 até os 274,99 euros, estando previsto que durante o último
trimestre do ano reciban varios terminais moi atractivos como o Elephone S7,
que contará cun procesador de 10 núcleos, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento
interno, pantalla Full HD de 5,5 polgadas e cámaras de 16 e 8 MpÃxeles.