A cantina de Star Wars terá un xogo para iPhone

luns, 29 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A división de desenvolvemento de xogos para dispositivos móbiles de THQ quere aproveitar a licenza de Star Wars, e anuncia que está a preparar un xogo para o iPhone que estará ambientado na cantina de Tatooine que aparecía na primeira película da franquía (o Episodio IV), e consistirá en servir bebidas a personaxes deste universo creado por George Lucas, incluíndo ao propio Jabba o Hutt.
En Star Wars Cantina hai que servir a bebida axeitada a cada cliente, sen facerlle agardar, para evitar rebumbios, polo que hai que ser preciso e rápido, e incluso será posible decorar o local para atraer a máis público.
Este título parece bastante afastado doutros de THQ coma El Poder de la Fuerza, pero non hai que esquecer que a cantina é un enclave moi popular entre os afeccionados a Star Wars, polo que este novo xogo podería gozar de bastante éxito.


A sona da cantina de Star Wars levou a Richard Cheese a facer unha orixinal versión do Copacabana de Barry Manilow

PUBLICIDADE