A campaña de fomento do turismo compostelán supera os 5 millóns de impactos
xoves, 6 de agosto do 2020
A nova campaña de promoción turÃstica Santiago de
Compostela. A túa historia superou
xa os cinco millóns de impactos dende o seu comezo, o pasado 23 de xullo. A
campaña ten por obxectivo reactivar a demanda turÃstica da cidade o antes
posible no complexo contexto da COVID-19. A campaña terá dúas fases
diferenciadas, en función da evolución da situación nos vindeiros meses. A
primeira comezou o 23 de xullo e prolongarase durante o mes de agosto.
O obxectivo da primeira fase é facer unha campaña moi
segmentada, tendo en contas as limitacións ás viaxes que hai cara España, a
situación no propio paÃs con diferencias entre comunidades autónomas, e tamén
aos tipos de viaxes que se están facendo no contexto da Covid-19, na maiorÃa de
carácter familiar e buscando tranquilidade e seguridade.
A campaña dirÃxese a todo o mercado español, pero concentrándose
nas comunidades autónomas que máis consultas están xerando na oficina de
información de Turismo de Santiago dende a súa reapertura o pasado 15 de xuño:
Madrid, PaÃs Vasco, Castela e León, AndalucÃa e Comunidade Valenciana.
A campaña xira arredor de tres eixos, adaptándose ao momento
presente: Viaxar en Familia, Parques e xardÃns e GastronomÃa. O obxectivo é
poñer en valor que Santiago é unha cidade para viaxar en familia, verde e cunha
gran gastronomÃa que permite crear a propia historia de cada quen con confianza
e seguridade.
A
campaña ten unha web de referencia, que se atopa dentro da páxina de Turismo de
Santiago, onde os potenciais turistas poden ver toda a oferta da cidade. As
principais ferramentas que se empregan son pezas audiovisuais, adaptadas en
tempos e formatos aos modos de consumo de Internet e as redes sociais.
A segunda fase da campaña desenvolverase no último trimestre
do ano. Terá o mesmo lema: Santiago de Compostela. A túa historia. Pero
definirase o momento, as canles e os contidos concretos en base á evolución da
situación da pandemia. A intención de Turismo de Santiago é que esta segunda
fase da campaña sirva para atraer turistas de cara ao Nadal, pero tamén que
sirva para anunciar o comezo do Ano Santo.