A cámara do Pocophone consegue bos resultados en DxOMark
mércores, 30 de xaneiro do 2019
Cando
chegou ao mercado español o Poco F1 de Xiaomi, que coa súa marca Pocophone
querÃa demostrar que era posible vender un
smartphone coa potencia dos modelos de alta gama pero cun prezo moi reducido
(desembarcara
no verán a un prezo de só 299 euros) semellaba evidente que estabamos ante
un smartphone de moita potencia, pero que prescindÃa doutros elementos que moitos
usuarios consideraban prescindibles.
Pero un elemento que si esixen case todos os consumidores é unha boa cámara, e
aÃnda que estaba claro que o Poco F1 tiña mellor cámara que moitos outros
smartphones do mesmo prezo, non estaba claro canto mellor, até que finalmente dende DxOMark
sorprenderon analizando este terminal, ao que outorgaron unha sorprendente
puntuación de 91, ou sexa, que tras unha intensa baterÃa de probas concluirÃan
que este terminal bastante económico conseguirÃa quedar preto de móbiles como o
iPhone 8 (con 92 puntos) e superarÃa ao primeiro Google Pixel (90), o Galaxy S7
(89) e incluso ao iPhone 7 (85), o que sen dúbida é unha sorpresa para moitos,
que definÃan as cámaras dos terminais de Pocophone como normaliñas.
Dende DxOMark destacan que a cámara traseira do Poco F1 consegue exposicións
precisas en interiores e exteriores, unhas cores satisfactorias en todas as
condicións de iluminación, un enfoque automático rápido e preciso e unha boa
resposta co flash, pero tamén deixa claro que con pouca luz perde detalle e o
seu modo retrato resulta pouco natural, ou sexa, que non estamos ante un
terminal cunha cámara magnÃfica, pero si moi por enriba da media, polo que
serÃa un terminal moi recomendable para quen teña un orzamento reducido e
queira gozar dun móbil moi potente. Iso si, para fieis de Xiaomi cómpre
indicarlles que o Mi
8 consegue unha puntuación de 99 en DxOMark (superando ao iPhone X e
empatando co Google Pixel 2), e aÃnda que inicialmente este smartphone era
moito máis caro que o de Pocophone, nos últimos tempos as distancias acurtáronse,
polo que algunhas configuracións do Mi 8 poden ser unha compra moito máis
recomendable.