A cámara deportiva iON Air Pro 3 Wi-Fi pode controlarse dende dispositivos móbiles

luns, 4 de novembro do 2013 Marcus Fernández

As cámaras deportivas continúan o seu constante avance, e para pórllo máis difícil ás populares GoPro, a mediados de mes vai pórse á venda a nova iON Air Pro 3 Wi-Fi, cámara de pequeno tamaño que pode levarse enriba de xeito doado para capturar vídeo de alta calidade e fotografías para recoller grandes momentos principalmente nunha perspectiva de primeira persoa que neste caso destaca pola súa resistencia á auga e por contar con conectividade Wi-Fi para permitir a súa configuración e manexo a través de dispositivos con iOS e Android.
Esta impresionante cámara de só 142 gramos de peso (cunhas medidas de 37 x 107 milímetros) pode somerxerse ata 15 metros, integra unha batería de 1.200 mAh (o que permítelle unha autonomía de ata 2,5 horas de gravación), a súa lente grande angular permite unha visión de ata 160 graos, pode disparar fotografías de 12 Mpíxeles e grava vídeo ata a 1.080p a 60 imaxes por segundo (ou ata 720p a 120 imaxes por segundo). Emprega como almacenamento tarxetas microSD de ata 64 Gb (suficiente para almacenar unhas 8 horas de vídeo Full HD) e grava os vídeos en formato Quicktime (MOV) con compresión H.264.
O prezo de venda desta atractiva cámara deportiva será de 349,99 dólares (253,42 euros) nos EE.UU. Dende España podemos adquirir polo momento a iOS Air Pro 2 Wi-Fi por 299,99 euros.

JPEG - 53.2 KB
A nova cámara deportiva pode controlarse dende dispositivos con Android e iOS


Vídeo promocional da iON Air Pro 3 Wi-Fi

PUBLICIDADE