A cámara Samsung WB2000 destaca polos seus modos de gravación de vídeo

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Samsung está a renovar o seu catálogo de cámaras dixitais compactas, sendo unha das máis rechamantes a Samsung WM2000, que en só 106,6 x 60,5 x 28 milímetros encerra unha cámara cun sensor CMOS de 10,2 Mpíxeles, zoom óptico de 5x, pantalla LCD AMOLED de 3 polgadas, controis manuais, a posibilidade de disparar en RAW e unhas capacidades de vídeo máis que notables, pois tanto é capaz de disparar 10 ráfagas por segundo a máxima resolución como de gravar vídeo a 1.000 fotogramas por segundo para conseguir unha cámara super-lenta (para o que reduce considerablemente a súa resolución). Posiblemente os modos de gravación de vídeo máis notables son os de alta definición a 1.080p a 30 fotogramas por segundo e o de 720p a 60 fotogramas por segundo.
Non contentos con esta impresionante capacidade de gravación de vídeo, a cámara conta cun modo dual no que permitirá tomar fotografías de 10,2 Mpíxeles mentres gravamos vídeo en alta definición. Tamén conta con conectividade HDMI e o seu prezo de venda será de 329,99 libras esterlinas (242,13 euros).

PUBLICIDADE