A cámara Samsung ST5500/CL80 contará con conectividade Wi-Fi

luns, 28 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Durante varias horas na páxina web de Samsung puidéronse ver imaxes da cámara ST5500 ou CL80 (o nome do modelo cambia segundo o país no que se comercialice), dispositivo compacto rechamante, por combinar prestacións bastante avanzadas coma un sensor de 14 Mpíxeles, un zoom óptico de 7x, unha pantalla táctil AMOLED de 3,7 polgadas, gravación de vídeo en alta definición (720p a 30 imaxes por segundo) e Wi-Fi, de xeito que podería remitir automaticamente as fotografías rexistradas a servizos en liña coma Facebook, Flickr ou Picasa.
Tamén conta cunha sensibilidade ISO entre 80 e 3.200 (podendo funcionar tamén a 6.400 ISO se reduce a resolución das imaxes a 3 Mpíxeles), obturador con modo manual, almacenamento en tarxetas microSD (inclúe unha de 4 Gb) e o modo de disparo Smart Auto, que inclúe 16 configuracións predefinidas que fan doado tomar imaxes cunha aparencia profesional.

PUBLICIDADE