A cámara Samsung NX300M incorpora unha pantalla abatible 180 graos
luns, 7 de outubro do 2013
Samsung está
a renovar a súa cámara sen espello NX300 engadÃndolle o sufixo M, detalle
que servirá para diferenciar unha nova prestación incorporada á cámara: unha
pantalla AMOLED de 3,31 polgadas que pode abaterse ata 180 graos (cando a
pantalla do modelo anterior só podÃa facelo 90 graos). A Samsung NX300M tamén
está equipada cun sensor APS-C CMOS de 20,3 MpÃxeles, sistema de enfoque
automático hÃbrido, motor de imaxes DRIMe IV, soporte de imaxes RAW, gravacións
de vÃdeo Full HD, NFC e Wi-Fi de dobre banda (facilitando a compartición de
imaxes con outros dispositivos).
Esta nova cámara poderá adquirirse en cor branca, negra ou marro xunto cun
obxectivo de 18-55 mm. por 899.000 wons (618 euros) a partir do 30 de novembro.
Sorprende ver como unha cámara deste tipo adapta o seu formato para facilitar a
realización de auto-fotos, cando o normal é atopar ese tipo de prestacións en
cámaras máis compactas ou incluso teléfonos móbiles.
- A pantalla da cámara pode abaterse ata 180 graos
- A Samsung NX300M venderase con acabados en branco, negro ou branco