A bisagra do Motorola Razr poderÃa fallar antes dun ano de uso
venres, 7 de febreiro do 2020
A resistencia dos móbiles flexibles é a principal
preocupación dos consumidores ante a posible compra dun destes dispositivos, e
aÃnda que Samsung parece ter feito un bo traballo co seu Galaxy Fold (que nunha
proba independente superou
os 120.000 encartados), do Motorola Razr non podemos
dicir o mesmo, e non só recibiu crÃticas dende que chegou ás mans dos primeiros
consumidores (que notaban que a súa bisagra facÃa un ruÃdo un tanto molesto que
daba a sensación de non ter unha fabricación á altura do seu elevado prezo) senón
que fracasou
estrepitosamente na proba de resistencia que o someteron dende Cnet,
publicación que confiaba en que o móbil conseguise superar os 100.000
encartados, pero veu como tras 27.000 encartados o teléfono fallou.
O Motorola Razr non deixou de funcionar como smartphone tras a proba, pero a
súa bisagra xa non permitÃa un encartado correcto e a pantalla presentaba
marcas moi visibles, o que non parece aceptable para un dispositivo á
venda por 1.599 euros, xa que ante un uso ordinario terÃa unha vida
estimada de entre 6 meses e 1 ano, o que poderÃa converter a este dispositivo
en todo un pesadelo para Motorola, xa que presentarÃa unha avarÃa gravÃsima
antes do remate da súa garantÃa.
VÃdeo no que podemos ver a proba de resistencia á que someteron ao Motorola Razr