A axuda do Kit Dixital, dispoñible para comunidades de bens, explotacións agrarias e sociedades civís
luns, 11 de setembro do 2023
As
comunidades de bens, explotacións agrarias de titularidade
compartida e sociedades civís con actividade mercantil e
profesionais poderán solicitar a axuda de Kit Dixital a partir deste
martes 12 de setembro. Trátase dun bono dixital habilitado pola
entidade estatal Red.es e dispoñible (a partir das 11 horas deste
martes a través da sede
electrónica da dita entidade) para entidades que teñan menos de
50 empregados.
Coma
nas anteriores convocatorias, a axuda diferenciarase atendendo a ese
dato: segmento I (entidades entre 10 e menos de 50 empregados),
segmento II (entidades entre 3 e menos de 10 empregados) e segmento
III (entidades entre 0 e menos de 3 empregados).
Na
nova convocatoria que se publicou o pasado 22 de xullo no BOE (PDF)
detállanse os requisitos para solicitar as axudas, as obrigas que
contraen os beneficiarios, os importes máximos de axuda por cada
categoría de solucións de dixitalización, a xustificación, o pago
e control da implantación das solucións, entre outras materias
importantes.
Esta
convocatoria conta cun orzamento inicial de 100 millóns de euros
ampliables e ten por finalidade “a mellora da competitividade e do
nivel de madurez dixital das entidades anteriormente mencionadas”.
O
prazo para presentar as solicitudes manterase aberto ata o 31 de
decembro de 2024.
O
bono dixital poderá ser de 12.000€, 6.000€ ou 2.000€ en
función do tamaño da entidade solicitante, que poderá consultar
tamén na web de Acelera Peme
o catálogo de axentes dixitalizadores. A entidade beneficiaria
deberá seleccionar un ou varios axentes dixitalizadores cos que
desenvolver as solucións de transformación tecnolóxica que mellor
se adapten ás necesidades do seu negocio e subscribir os acordos de
prestación de solucións de dixitalización. Actualmente o catálogo
está formado por máis de 10.700 axentes.
Como
novidade nesta convocatoria, as entidades ás que se dirixe terán
que cumprimentar un formulario único independentemente do segmento
(I, II ou III) ao que pertenzan. Será Red.es quen realice, tras
recibir a solicitude, as verificacións necesarias para comprobar en
que segmento sitúase cada entidade solicitante.
Ata
a data, o programa Kit Dixital concedeu preto de 280.000 axudas o que
supón que ao redor de 1.300 millóns de euros procedentes dos fondos
europeos Next Generation EU chegaron ás pemes españolas para
implantar solucións básicas de dixitalización.
Converteuse,
en palabras de Red.es, no “programa de axudas á dixitalización de
pemes máis demandado da historia de España”.
Baixo
o lema Cero papeis Red.es deseñou un sistema de
tramitación “moi innovador”, usando ferramentas de robotización
e Intelixencia Artificial automatizado que “reduce a carga
burocrática, diminúe o número de documentos a presentar e acurta
os prazos de concesión”, explican dende a entidade estatal,
engadindo que cada empresa poderá solicitar a axuda sen achegar
documentación algunha. “Será suficiente con que o empresario
autorice a Red.es a consultar de oficio os requisitos e obrigas
requiridas para obter a condición de beneficiario, salvagardando a
transparencia e seguridade xurídica”, sinala Red.es, destacando
que outra das innovacións do programa é a figura do “representante
voluntario” que permite que calquera terceiro, sexa persoa física
ou xurídica, debidamente autorizada, poida pedir a subvención por
conta da empresa eliminado trámites á peme.
Kit
Dixital é un programa de axudas do Gobierno de España, xestionado
por Red.es, que ten como obxectivo “promover a dixitalización de
pequenas empresas, microempresas e autónomos, así como doutras
entidades como comunidades de bens, explotacións agrarias de
titularidade compartida e sociedades civís profesionais e con
obxecto mercantil, para contribuír a modernizar o tecido produtivo
español”.
O
programa está dotado cun orzamento total de 3.067 millóns de euros,
financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU,
no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a
axenda España Dixital 2026 e o Plan de Dixitalización de Pemes
2021-2025.