A aventura gráfica New York Crimes estrea versión para iOS
xoves, 21 de xuño do 2012
O pasado mes de marzo FX Interactive puxo á venda o xogo de
Péndulo Studios New York Crimes (coñecido
internacionalmente como Yesterday),
que é todo un luxo para os amantes das aventuras gráficas pola súa coidada
edición á que non lle falta a dobraxe en español e que pode adquirirse en
formato fÃsico por só 19,95 euros, pero dende hoxe, os que teñan un iPhone,
iPod Touch ou un iPad poderán facerse con este tÃtulo por un prezo aÃnda menos,
xa que vén de desembarcar na App Store
como aplicación universal por só 3,99 euros, aÃnda que esta versión carece
de voces en español (o que compensa coa tradución ao español dos seus textos).
Esta aventura do máis puro point’n click
ten un estilo visual e narrativo que mestura videoxogos, cine e cómic, cunha historia
escura e adulta e un guión cheo de referencias e homenaxes a pelÃculas, series
de televisión, xogos, música e novelas que agradecerán os xogadores que teñan
unha certa idade como para gozar deste xénero.
Yesterday conta a historia de Henry
White, un voluntario dunha ONG que co seu amigo Cooper investiga un misterio ignorado
por policÃas e medios: un psicópata está a queimar vivos aos mendigos de New
York á vez que a algunhas persoas aparécelles nas mans unha cicatriz con forma
de Y. Aparte dos 2 personaxes comentados, tamén podermos controlar ao amnésico
John Yesterday, que vese arrastrado por esta trama.
Trailer da versión para iOS de New York Crimes