A ausencia de fenda dixital de xénero consolÃdase en Galicia
luns, 16 de marzo do 2026
Galicia consolida a ausencia de fenda dixital de xénero acadada hai cinco anos e mantén o avance das mulleres no uso da Internet e de dispositivos electrónicos rexistrado nos últimos anos. Asà o recolle o estudo Mulleres en Dixital: O uso das TIC desde unha perspectiva de xénero 2025, elaborado polo OSIMGA.
O informe indica que mulleres e homes presentan niveis de uso de dispositivos electrónicos practicamente idénticos, aÃnda que a porcentaxe de mulleres que empregan estes dispositivos alcanza o 96,4 %, un punto máis ca no caso dos homes. Unha situación semellante obsérvase no uso da Internet: en Galicia utiliza a Rede o 94,3 % das mulleres, oito décimas máis ca os homes.
Dispositivos electrónicos e Internet
Por franxas de idade, non se detectan diferenzas relevantes no uso de dispositivos electrónicos entre homes e mulleres, que é practicamente universal ata os 44 anos. A partir desa idade as mulleres presentan unha maior actividade dixital ca os homes, con diferenzas que chegan ata os 3,9 puntos no grupo de 65 a 74 anos. Este mesmo patrón repÃtese no acceso á Internet, cun uso semellante ata os 44 anos e cunha vantaxe feminina a partir desa idade, con diferenzas de entre 1,5 e 2,4 puntos.
Usos da Internet
No relativo aos usos da Rede, o 93,5 % das mulleres galegas empregan a Internet para telefonar ou realizar videoconferencias, 1,2 puntos máis ca os homes. Tamén destacan no uso da Rede para concertar citas médicas, cunha diferenza superior aos nove puntos respecto aos homes. Ademais, realizan máis actividades de aprendizaxe en liña, cunha vantaxe de 3,5 puntos, segundo este estudo.
Comercio electrónico e administración dixital
No ámbito do comercio electrónico, o 67 % das mulleres e o 67,7 % dos homes realizan compras pola Internet. Con todo, entre a poboación menor de 55 anos son as mulleres as que recorren con máis frecuencia á adquisición de bens ou servizos en liña. AsÃ, na franxa de idade de 16 a 24 anos, o 82,7 % das mulleres mercan a través da Rede fronte ao 77,1 % dos homes. Esta diferenza mantense, con maior ou menor intensidade, nas seguintes franxas de idade e invértese entre os 55 e os 74 anos, grupos nos que os homes utilizan o comercio electrónico cunha frecuencia que supera en máis de tres puntos ás mulleres.
As mulleres tamén superan lixeiramente aos homes na interacción coas administracións públicas. O 87,1 % das mulleres galegas recorren á xestión en liña para realizar trámites fronte ao 86,1 % dos homes.
