A aula CeMIT de Ribeira achega no Nadal dúas actividades formativas para a rapazada
martes, 14 de decembro do 2021
Este
Nadal celebraranse na aula CeMIT de Ribeira, o centro de divulgación,
capacitación e dinamización tecnolóxica do Concello, dous cursos
gratuítos de informática dirixidos aos máis pequenos, ambos do 27
de decembro ao 5 de xaneiro.
Así,
haberá unha primeira acción formativa para nenos e nenas de entre 7
a 10 anos (de 10 a 13 horas) titulada Iníciate na informática,
na que o alumnado aprenderá a escribir, debuxar, animar fotos e
navegar por Internet.
E
pensando nos rapaces de 11 a 15 anos (de 12 a 13.30 horas) terá
lugar unha segunda acción sobre Edición de imaxe, onde
aprenderase a retocar fotografías e montar un álbum.
Cómpre
formalizar as inscricións vía
web no espazo en liña da aula CeMIT.