A app Sergas Móbil permite notificar positivos de COVID-19

luns, 16 de maio do 2022 Marcus Fernández

A Consellería de Sanidade informa que dende hoxe a cidadanía conta con novas modalidades para pór en coñecemento do Servizo Galego de Saúdo o resultado positivo dun autotest COVID-19. Por unha banda será posible notificar o positivo chamando ao teléfono 981 540 045, aínda que a modalidade que para moitos resultará máis áxil é a de recorrer á aplicación Sergas Móbil, que no apartado de Aplicacións ten xa como primeira opción a declaración de resultado positivo en autotest de antíxenos COVID-19.
Esta declaración responsable a través da aplicación móbil require estar identificado e indicar a data do positivo, a data dende a que se ten síntomas (se procede) e se existe algunha relación con ámbitos vulnerables.

PUBLICIDADE