A aceleradora galega de proxectos turÃsticos escolle os 10 finalistas da súa 2ª edición
luns, 9 de maio do 2022
A
aceleradora
de proxectos turÃsticos impulsada pola Xunta, TurisLab, xa ten 10
finalistas para o programa completo de formación e mentoring
desta segunda edición. O pasado venres 6 de maio, os 15 aspirantes
presentaron as súas propostas da fase inicial de pre-academia. Os
avaliadores puideron interpelar directamente ás startups
sobre os seus proxectos, o modelo de negocio co que traballan e sobre
as previsións que manexan de cara á saÃda aos mercados.
As valoracións ponderadas dos membros do comité traducÃronse na
escolla de 4 proxectos da categorÃa Travel Tech, 2 proxectos de
Gastro Tech e outros tantos de Social Tech, un representante de
Turismo de Litoral e outro de Infrastructure Track. Esta é a listaxe
dos 10 finalistas escollidos, por orde alfabética:
• Atlantic Surf (Turismo de litoral)
• Boldest (Travel Tech)
• O Mercado da Pedra (Gastro Tech)
• Salmoira (Gastro Tech)
• Spa Relajarse (Social Tech)
• Spot Now (Travel Tech)
• Tric Track (Infrastructure Track)
• Turismo Inclusivo – Arribeirados (Social Tech)
• Viajator (Travel Tech)
• Wonder Experience (Travel Tech)
Quedan
na quenda de agarda as outras 5 novas firmas da Pre-Academia:
A Leira 116 (Camiño de Santiago); BGreen (Sustentabilidade); Bravo
(Camiño de Santiago); Meet Rural (Social Tech) e Xacobus (Camiño de
Santiago).
Os
10 finalistas arrancan este mesmo venres, 13 de maio, o núcleo
central do programa de formación e mentoring. Será o
programa completo, de 6 meses de duración, que este ano amplÃa
contidos e aumenta a súa rede e de expertos en distintas áreas de
formación na procura de subir o nivel de preparación das startups.
A finais de novembro terán que repetir a experiencia do Demo Day
clasificatorio para valorar que proxectos recibirán os galardóns de
gañadores desta segunda edición, nunha gala prevista para o mes de
decembro.