A Xunta presenta unha nova plataforma dixital forestal orientada a crear anuarios estatísticos

xoves, 17 de xuño do 2021 Pedro Pérez

A Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) anunciaron este 16 de xuño unha nova plataforma de estatística forestal, orientada a que os cidadáns poidan crear os seus propios anuarios estatísticos. A ferramenta foi presentada nunha nova xornada sobre a dixitalización forestal na que participaron o director xeral de planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e membros da AMTEGA.
O subdirector xeral de Recursos Forestais, Jacobo Aboal, foi o encargado de presentar a nova plataforma de estatística forestal, enfocada a que “cada cidadán poida crear o seu propio informe estatístico mediante unha plataforma dixital”, asegurou. A través dunha ferramenta de business intelligence, calquera cidadán poderá coñecer os principais indicadores que definen o monte galego dentro dun mesmo concello.
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Primare no que traballan AMTEGA e a Consellería do Medio Rural para avanzar na transición dixital din sector tan importante para Galicia como o forestal. “Estamos a escoitar as necesidades dos sectores e desenvolvendo solución dixitais a medida que lles dean unha resposta eficiente”, declarou a directora. Así mesmo, animou ás organización e asociación asistentes a seguir progresando nestes procesos, afondando no impacto positivo que esta transición produce.
A xornada tamén serviu para que o director adiantara que xa se está a probar un sistema de control automático de detección de cortas de madeira cos datos recibidos semanalmente polo satélite Sentinel-2. Polo momento estase a probar nunha área piloto e ten previsto integrarse nun futuro no sistema de xestión das cortas de madeira.

PUBLICIDADE