A Xunta presenta ao Goberno a súa solución de IA para as oficinas de emprego
xoves, 18 de xullo do 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Traballo, JoaquÃn Pérez Rey, para dar conta da aposta da Xunta por xerar emprego de calidade, apoiándose nas TIC coa finalidade de atender as necesidades de empresas e de traballadores para casar a oferta e a demanda. Dentro dela está a ferramenta software EMi, dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia, que o conselleiro presentou ao secretario de Estado co obxectivo de propoñer a súa posible aplicación noutras comunidades autónomas.
José González, que estivo acompañado polo secretario xeral técnico da ConsellerÃa, JoaquÃn Macho, e pola directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, reflexionou sobre as oportunidades abertas a través da intelixencia artificial para potenciar as oficinas de emprego públicas, tal e como está a realizar Galicia. Trátase de trasladar estas boas prácticas ao resto de comunidades autónomas dentro da vontade de colaboración entre administracións, subliñou. De feito, engadiu, distintas comunidades autónomas visitarán Galicia para afondar no funcionamento de EMi.
En relación coa ferramenta EMi o conselleiro detallou que ten como fin cubrir a demanda de man de obra, asà como atender as persoas que están buscando activamente traballo -ou busquen mellorar o seu emprego actual. Nesta liña sinalou que permitirá realizar nun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas.
Entre as vantaxes que ofrece, salientou que relaciona todas as caracterÃsticas e competencias da persoa demandante con datos avanzados do mercado laboral e detecta sectores emerxentes de emprego e empresas que están contratando en cada unha das ocupacións. Tamén detecta carencias competenciais en cada localidade, o que facilita a programación de accións formativas adaptadas ás necesidades de cada unha. A maiores, engadiu que esta ferramenta pode prever o comportamento laboral de cada comarca e de cada ocupación referida aos seus próximos meses, o que permite adiantarse ás necesidades das empresas.