A Xunta edita un titorial en liña para levármonos ben con Internet
venres, 11 de setembro do 2009
A SecretarÃa
Xeral de Medios da Xunta de Galicia vén de anunciar que, no marco do proxecto
multimedia de formación da campaña ComunÃcate, o vindeiro luns 14 de setembro,
vai acoller a presentación do titorial Internet na túa vida, unha publicación en
liña que pretende amosarlle aos usuarios e usuarias que se inician nas novas
tecnoloxÃas e Internet, as vantaxes e facilidades que a Rede de redes lles pode
proporcionar na súa vida cotiá.
A xornada
desenvolverase a través de videoconferencia dende o Centro Multimedia de
Galicia e poderase seguir a través en rede dende o Telecentro de Comunicación
da Cañiza ademais do de Tui, Abegondo, Betanzos, Monterroso, Sarria, Xinzo de
Limia e VerÃn, onde os interesados
poderán traballar co titorial e coñecer de primeira man a información e
trucos que o mesmo ofrece.
Os
titoriais, desenvolvidos en flash, están pensados para un público con escasos
coñecementos informáticos e tratan principalmente sobre diversos temas
relacionados co mundo das novas tecnoloxÃas no ámbito da comunicación e cos
distintos servizos e oportunidades que a
Rede ofrece na actividade diaria da cidadanÃa, como pode ser o acceso á banca
electrónica, a administración electrónica, a formación en liña, as redes
sociais, as tendas virtuais…
As
persoas interesadas en asistir, poderán informarse e inscribirse chamando ao número
981 555 291.