A Xunta e ATIGA queren poñer a transferencia tecnolóxica ao máximo rendemento

luns, 6 de maio do 2019 Redacción

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, reuniuse hoxe cos representantes de ATIGA, entidade integrada por Aimen, o Centro Tecnolóxico Gradiant, o CTAG, o ITG (Instituto Tecnolóxico de Galicia), ANFACO-CECOPESCA e o EnergyLab. O obxectivo da reunión foi preparar o vieiro para iniciativas conxuntas que sitúen a Galicia como referente en centros tecnolóxicos, en innovación, en excelencia e en transferencia.
Neste senso falouse da necesidade de estar en estreito contacto coas necesidades do tecido industrial e empresarial do noso terra, co fin de darlle solucións concretas para os seus retos de transformación.
Conde subliñou o importante papel que os centros de ATIGA están a ter no cambio de modelo produtivo que atravesa o tecido industrial galego e trasladou o compromiso da Xunta para “seguir colaborando no obxectivo de facer de Galicia un referente da Industria 4.0”.
Asemade, lembrou a decisiva participación que van ter os centros no impulso dos hubs de innovación dixital presentados a semana pasada: dúas iniciativas pioneiras para darlles ás PEME o que precisan en materia de Big Data (análise de datos a gran escala), Intelixencia Artificial ou Internet das Cousas.

PUBLICIDADE