A Xunta apoia a posta en marcha dunha plataforma dixital de comercialización de turismo rural
luns, 19 de outubro do 2020
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na
Estrada na presentación da plataforma
de comercialización de turismo rural galiciaturismorural.es, apoiada
pola Xunta. A iniciativa púxose en marcha grazas a un convenio de colaboración
entre a Administración autonómica e a Federación Galega de Turismo Rural
(Fegatur).
O
acto celebrouse na Estrada, na casa rural Torres de Moreda, e contou tamén
coa asistencia do presidente de Fegatur, Francisco AlmuÃña; da delegada
territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro; do alcalde da Estrada, José
López Campos; e do presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.
A
dÃa de hoxe, a través desta nova plataforma xa se pode reservar en máis de 120
establecemento rurais e está aberta a adhesión de calquera dos preto de 540
aloxamentos rurais que hai en Galicia.
Rueda
destacou a importancia desta iniciativa para facilitar o contacto dos viaxeiros
cos aloxamentos, dun xeito rápido e directo, o que contribúe a aumentar a
competitividade deste sector en concreto.
Ao
respecto, puxo tamén en valor que o outono é unha boa oportunidade para dar un
pulo ao turismo rural galego, gardando sempre as garantÃas sanitarias tanto
para os viaxeiros como para as persoas que residen en Galicia. Neste sentido,
destacou que os valores propios deste tipo de turismo (espazos naturais, pouco
masificados...) adáptanse aos destinos que buscan os turistas durante esta
pandemia.
Neste
sentido, reafirmou o apoio do Goberno galego ao turismo en xeral, e ao turismo
rural en particular, que están sendo especialmente afectados pola crise
sanitaria. Lembrou, asÃ, que Galicia puxo en marcha, entre outras iniciativas,
o programa Galicia destino seguro, dotado con 8 millóns de euros, e que
incluÃu unha baterÃa de medidas de apoio a estes negocios para adaptarse a esta
nova situación. De feito, grazas ao traballo do sector, o turismo galego
resistiu mellor o verán que a media do estado.
Xa
no eido concreto do turismo rural e ademais desta plataforma de
comercialización, a Xunta financiou tamén un convenio con Fegatur para a
implantación de medidas hixiénico sanitarias entre os establecementos rurais;
apoiou o programa Grazas
por elixir Galicia, promovido por Agatur, que inclúe bonos
para realizar actividades de turismo activo na natureza ou de visitas guiadas
nas cidades; e está actualmente impulsando a iniciativa do Outono gastronómico,
unha campaña que xa se leva facendo durante 14 anos e na que este ano
participan 70 establecementos rurais.