A Xunta aplicará a tecnoloxía Blockchain á xestión pública

luns, 4 de marzo do 2019 Redacción

A AMTEGA acaba de formalizar un acordo de colaboración con Alastria, consorcio multisectorial sen ánimo de lucro que xunta a máis de 300 entidades, co obxectivo aplicar a tecnoloxía Blockchain á xestión pública, acordo en virtude do que poderá crear o seu propio nodo de Blokchain na rede de Alastria, beneficiándose dos protocolos da Asociación. Deste xeito, desde Galicia poderanse xeral pilotos con esta tecnoloxía ao servizo da investigación, a formación e a experimentación nesta tecnoloxía
Entre os compromisos adquiridos por ambas entidades está o de sumar esforzos para facilitar un mellor coñecemento e difusión do Blockchain no ecosistema dixital galego así como explorar as posibilidades de mellora da actuación administrativa e a prestación dos servizos públicos a través da utilización desta tecnoloxía.
Ademais, o acordo tamén contempla a realización de programas conxuntos ou accións específicas para desenvolver proxectos de investigación e innovación neste ámbito e facilitar o intercambio de información sobre a elaboración de estándares e o seguimento de observatorios e foros.

PUBLICIDADE