A Xunta activa unha ferramenta para consultar a información xeográfica das praias de Galicia
venres, 3 de xullo do 2020
A ConsellerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba
de activar esta mesma semana unha nova funcionalidade dentro do visor telemático do
Instituto de Estudos do Territorio (IET) que permite localizar e consultar
información sobre todas as praias da comunidade.
A través desta ferramenta dixital, ofrécese información
xeográfica detallada de cada un dos 960 areais incluÃdos no Catálogo de Praias
de Galica, que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie.
Deste xeito, premendo na icona do parasol na parte superior do visor, pódense
obter datos sobre a superficie de cada areal e outra información de interese,
como a súa localización, categorÃa ou o concello ao que pertence.
Ademais, tamén se incorporou un distintivo para identificar
sobre o mapa as 107 praias galegas que recibiron este ano unha bandeira azul,
galardón que concede a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor
(ADEAC) en recoñecemento á excelente calidade das augas, aos servizos
dispoñibles e á boa xestión destes espazos, converténdose nunha etiqueta
ambiental universalmente coñecida e valorada por turistas e tour operadores.
Desde o 1 de xullo todos estes datos están a disposición de
calquera persoa interesada, aÃnda que pode resultar unha ferramenta
especialmente útil para os concellos. Neste sentido, cómpre lembrar que as
entidades locais son as responsables da xestión das praias e que este verán a
seguridade sanitaria vai ser un factor esencial nestes espazos, o que obrigará
a respectar as distancias de seguridade establecidas por mor da COVID-19.
- O mapa achega información sobre cada areal galego