A Xbox Series S confirmada pola filtración da caixa dun mando
luns, 10 de agosto do 2020
Veñen de xurdir na Rede imaxes e vídeos
dun mando da futura consola Xbox Series X, coa súa correspondente caixa, o
que serve para confirmar un ruxerruxe, xa que no seu lateral o mando asegura
ser compatible con Xbox One, Windows 10, Android, iOS e Xbox Series X/S, ou
sexa, que nas vindeiras semanas é máis que probable que Microsoft presente unha
consola Xbox de nova xeración que previsiblemente sería de baixo custo.
Aínda que os prezos das consolas de nova xeración son aínda un misterio,
confíase en que, aínda que a Xbox Series X vaia ser cara (xa que sería a
consola máis potente do mercado) unha posible Xbox Series S podería correr
todos os seus xogos limitando a súa resolución a un máximo de Full HD, o que podería
ser máis que suficiente para moitos consumidores que prefiren unha máquina máis
económica e que tampouco tiñan previsto conectar a consola a un televisor 4K.
Dende
Ars Technica aseguran ter confirmado que esta suposta futura consola de
Microsoft levaría por nome Xbox Series S, e lembran que o feito de que Microsoft
cesase a produción da Xbox One S sen disco e da Xbox One X dá a entender
que a compañía de Redmond está a liberar espazo no seu catálogo para deixar
sitio a novas consolas en distintos rangos de prezo, de xeito que manteríase a
Xbox One S como unha opción de vella xeración económica, e logo un certo abano
de consolas de nova xeración para adaptarse a distintos perfís de usuario.
- A caixa do mando confirmaría a existencia da Xbox Series S