A Xbox One poderÃa permitir probar xogos completos durante 24 horas
venres, 22 de agosto do 2014
A Xbox One de Microsoft está a prepararse para recibir
distintas novidades que están a probarse a través do seu programa Beta, entre
as que algúns usuarios descubriron unha funcionalidade non anunciada que
responderÃa o nome de Free Play Day with
Gold, e que permitirÃa a descarga de xogos completos para poder gozar dos
mesmos durante 24 horas, o que poderÃa ser un xeito bastante fiable de probar
tÃtulos antes da súa compra, especialmente para xogos que carecen de versión de
demostración.
O equipo de servizo técnico da Xbox recoñeceu a
través de Twitter que están a probar esta nova funcionalidade, e que en
breve darán máis detalles sobre a mesma de xeito oficial, dando a impresión de
que non se tratarÃa dunha opción para todos os xogos, senón unha opción máis
para a súa promoción (xa que polo momento limÃtase a Max: The Curse of Brotherhood).