A Xbox One poderase mercar este mes xunto con Halo: The Master Chief Collection

martes, 10 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Unha das franquías máis asociadas á marca Xbox é a de Halo, e por iso o vindeiro día 17 Microsoft vai pór á venda un novo paquete da súa consola Xbox One que inclúe sen custo adicional o recompilatorio Halo: The Master Chief Collection en formato descargable, de xeito que por 399,99 euros será posible facerse coa nova consola de Microsoft, mando sen fíos e auriculares, 14 días de subscrición a Xbox LIVE Gold, e os xogos Halo Combat Evolved: Anniversary, a versión remasterizada de Halo 2: Anniversary, Halo 3 e Halo 4, xunto co acceso a Halo: Nightfall (serie de acción que contou coa produción executiva de Ridley Scott).
Este lote de consola con xogo pode resultar atractivo dada a cantidade de contido incluída na recompilación de Halo, que garante moitas horas de diversión diante da consola, aínda que no caso europeo pode non ser unha oferta tan atractiva por chegar ao prezo completo da consola, xa que no noso territorio aínda non se experimentou a redución de prezo de EE.UU., onde está dispoñible a nova consola por 349 dólares (324,61 euros).


Anuncio televisivo de Halo: The Master Chief Collection

PUBLICIDADE