A Xbox One poderá empregarse para ver a televisión grazas a un accesorio

xoves, 7 de agosto do 2014 Marcus Fernández

A Xbox One contan dende o seu lanzamento cun sistema para a visualización de contidos televisivos en directo achegados a través dunha entrada HDMI, pensando principalmente nos receptores de televisión por cable de EE.UU., e dado que este xeito de consumir televisión noutros países non é tan popular, Microsoft vén de anunciar que en outubro teremos nas tendas un sintonizador de TDT externo que poderá conectarse á consola para que podamos gozar da experiencia de ver a televisión a través da Xbox One.
O accesorio que sairá á venda en Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia e España pode achegar ao porto HDMI da consola tanto o sinal televisivo da TDT (DVB-T) como as canles en aberto de provedores de televisión por cable como R (DVB-C), e como principais funcionalidades ten que podemos ver as canles televisivas directamente dende a consola (sen ter que andar mudando de canle no televisor) o que permitiríanos tamén poder recibir invitacións a xogar e notificacións mentres vemos a televisión; permite ver a televisión a pantalla partida (de xeito que mentres poderiamos estar a xogar ou a empregar aplicacións como Skype; podemos empregar a función de pausa en directo; contaremos cunha guía de programación dende a consola; podemos personalizar a guía de programación para que amose as nosas canles favoritas; podemos mudar de canle mediante a voz; poderemos empregar a guía de programación a través da aplicación móbil Xbox SmartGlass; e incluso teremos acceso a algúns contidos á carta a través da guía de programación OneGuide.
O prezo deste dispositivo será de 29,99 euros.

PUBLICIDADE