A Xbox One estreará mando a distancia o mes que vén
xoves, 20 de febreiro do 2014
A
orientación ao consumo multimedia da Xbox One é un dos seus puntos fortes
(especialmente en mercados como o norteamericano), pero aÃnda que dende
Microsoft deseñasen o sistema para que respondese axeitadamente a ordes de voz,
o público segue a estar máis afeito ao tradicional mando a distancia, de aà que
veñan de presentar un novo accesorio para a consola, o Xbox One Media Remote.
Este mando a distancia sairá á venda no mes de marzo (ao parecer o
seu prezo en España será de 22,99 euros) e facilitará o control da reprodución
de pelÃculas en Blu-ray ou de vÃdeo en streaming,
asà como tamén contará con botóns especÃficos para volver á posición anterior
dos menús e acceder á guÃa de programación da consola. Este mando tamén
aproveita o sensor Kinect para poder enviar sinais por infravermellos ao
televisor para o seu acendido e control de volume, evitando asà que teñamos que
facer uso de dous mandos a distancia á vez. Para facer máis práctico o seu
manexo, conta con botóns retroiluminados que acenden ao detectar movemento, de
xeito que resulta doado empregar o mando cando estamos a escuras vendo unha
pelÃcula ou xogando.
- O mando a distancia busca un control moi sinxelo da Xbox One durante o consumo de contidos multimedia