A Xbox One diferenciará amigos e seguidores

luns, 14 de outubro do 2013 Marcus Fernández

Larry Hryb, o popular Major Nelson de Xbox LIVE, adiantou hoxe o que será a aplicación de amigos que incluirá a Xbox One, e que supón un importante avance na plataforma de xogos en liña de Microsoft para a súa socialización, de xeito que xa non se limitará a manter relacións entre grupos de amigos, senón que poderemos seguir outros usuarios, de xeito que teremos unha rede social na que distinguir á xente coa que queremos relacionarnos directamente e outra con xente da que nos interesan os seus contidos (actividade, logros e gravacións en vídeo de partidas), contando coas debidas opcións de privacidade (por exemplo, un usuario pode definir que só os amigos poidan seguilo).
Inicialmente todos os amigos que teñamos actualmente en Xbox 360 pasarán a incorporarse como amigos na Xbox One, cun máximo de 1.000, que será á xente coa que poderemos relacionarnos de xeito efectivo, mentres que non teremos límites para seguir a outros usuarios, entre os que poden figurar famosos ou grandes xogadores dos que queremos estar pendentes aínda que non compitamos contra eles ou establezamos conversas cos mesmos.


A nova aplicación de amigos da Xbox One vista en vídeo

PUBLICIDADE