A Xbox 360 está de festa durante a fin de semana

venres, 28 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Dende o venres ao domingo Microsoft celebra entre os usuarios da Xbox 360 o Xtival 08, unha feira na que todas as contas de usuarios pasarán a ser Gold o que permitirá que os usuarios que non pagan polo servizo Xbox LIVE o poidan empregar de balde a xeito de proba, á vez que se ofrecen interesantes elementos en descarga (coma un vídeo musical de The Prodity, outro de Franz Ferdinand ou uns webisodes baseados na película de Watchmen).
Tamén se celebrarán concursos (torneo de PES 2009, FIFA 2009 ou Gears of World 2) entre os que participen na iniciativa, de xeito que o Xtival 08 será toda unha festa para os amantes aos videoxogos que se poden achegar ao xogo en liña se aínda non gozan do mesmo.

PUBLICIDADE