A Xbox 360 é a consola que xera máis ingresos a EA

venres, 9 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Nos pasados meses algunhas compañías de desenvolvemento de xogos comentaban as súas reticencias para continuar a preparar lanzamentos para a PS3 pola súa complexidade e poucas vendas, polo que Sony tivo que instalos a continuar a confiar na súa consola de alta definición, e agora que Electronic Arts publica os seus ingresos por cada plataforma de xogo podemos entender as razóns dos creadores de xogo.
Así, no 3º trimestre de 2007 a Xbox 360 de Microsoft supuxo uns ingresos de 218 millóns de dólares para EA, seguida por a PS2 de Sony (73 millóns), a Nintendo Wii (59 millóns), a Nintendo DS (47 millóns), a PSP (21 millóns) e a PS3 (17 millóns), do que entendemos que a PS3 non está a ser rendible para os desenvolvedores, mentres que a Xbox 360 parece ser a plataforma máis atractiva (xera máis ingresos que tódalas demais plataformas xuntas). Nas consolas portátiles tamén veriamos claramente como a Nintendo DS vende máis que a PSP, polo que Sony parece ser o fabricante máis prexudicado pola guerra das consolas, aínda que a campaña de Nadal podería mellorar a situación para a empresa nipona.

PUBLICIDADE