A Xbox 360 celebrará o 10º aniversario de Xbox cun atractivo pack

venres, 24 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Caixa do pack de Xbox 360 que pode verse en Amazon.fr

A tenda en liña de Amazon en Francia vén de revelar un novo paquete de Xbox 360 á venda a partir do 9 de marzo que chegaría para celebrar o décimo aniversario da primeira Xbox en Europa (que chegara ás tendas o 14 de marzo de 2002), polo que ofrecen o modelo con disco duro de 250 Gb da Xbox 360 con 2 mandos sen fíos, os xogos Halo Combat Evolved Anniversary Edition, Halo Reach, Fable III, Gears of War 2 e 3 meses de Xbox LIVE Gold por só 280 euros.
Este paquete de Xbox 360 é un bo xeito de introducir a consola de Microsoft no fogar por incluír 2 mandos e varios dos xogos máis significativos desta plataforma, contendo o seu prezo para animar aos indecisos ampliar o parque de máis de 65 millóns de consolas Xbox 360, que pese a percepción que temos dende España, supera por unha boa marxe á PlayStation 3 de Sony.

PUBLICIDADE