A Xbox 360 baixará de prezo esta semana
luns, 10 de marzo do 2008
Microsoft anunciou hoxe que a partir do 14 de marzo rebaixará
o prezo da Xbox 360, de xeito que reforza o seu atractivo chegando mesmo a
ser máis barata que a Nintendo Wii (consola que, por outra banda, non conta
coas elevadas prestacións gráficas e multimedia da consola de Microsoft).
Ó rematar a presente semana a Xbox
360 Arcade se vendeá a 199,99 euros, a Xbox
360 Premium (con disco duro de 20 Gb e mando sen fÃos) reduce o seu prezo
ata os 269,99 euros e a completÃsima Xbox
360 Elite (con disco duro de 120 Gb) custará 369,99 euros.
Con este cambio de prezos a Xbox 360 sitúase a un prezo moi competitivo con
respecto ó resto de consolas de nova xeración, achegándose moito ó da Nintendo
Wii e podendo adquirirse a un prezo moi inferior ó da PlayStation 3 (pese a
contar con caracterÃsticas técnicas moi semellantes, aÃnda que sen lector de
discos Blu-ray).