A XII FIRST LEGO League Galicia reúne este sábado a máis de 450 estudantes no Campus de Ferrol

mércores, 11 de marzo do 2026 S. P.

A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 14 de marzo, entre as 9.00 e as 19.00 horas, no Campus Industrial de Ferrol. Desta volta participan un total de 53 equipos (32 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 450 mozos/as de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.
As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación do campus ferrolán mentres que o Xogo do Robot disputarase no Pavillón Municipal de Esteiro.
Pola súa banda, a entrega de premios terá lugar, a partires das 17.00 horas, no Auditorio de Ferrol, situado no barrio de Caranza.

Entidades organizadoras e colaboradoras

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) promoven, un ano máis, unha iniciativa na que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social - dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración -, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia o Grupo Gabadi, a través da Cátedra Gabadi UDC Avelino Llago, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadisa, Neodyn, ERROR! Ferrol, PuntoGal e TodoOcio Narón.

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías limpas. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é unha realidade grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada equipo achégase á temática anual deseñando e construíndo un robot que sexa quen de resolver os retos propostos. Ademais, a rapazada participante terá que investigar sobre esa temática e realizar un Proxecto de Innovación que propoña unha solución a un problema real. Os equipos documentarán o seu traballo e compartirán os seus achados. Ao longo da experiencia, cada un dos mozos e mozas deberá defender os Core Values fundamentais da FLL: o descubrimento, o traballo en equipo, a inclusión, o impacto, a diversión, a innovación e o gracious professionalism.
O desafío deste ano leva o nome de Unearthed e está inspirado no mundo da arqueoloxía. Nesta tempada, os e as participantes terán a oportunidade de explorar como os descubrimentos do pasado nos poden axudar a deseñar un futuro mellor. Deste xeito, os equipos terán que investigar sobre temas históricos desenterrando misterios do pasado mentres deseñan as tecnoloxías do futuro.
Os tres equipos que gañen a FIRST LEGO League Galicia participarán na Gran Final Nacional da FIRST LEGO League, o vindeiro 11 de abril, en Burgos.

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge (de 10 a 16 anos)

Equipo 

Nome

Colexio

1

Los Pentágono

Algorithmics Vigo (Vigo, Pontevedra)

2

PEÑAVERA

Asociación Peñavera (Oviedo, Asturias)

3

NATURALAXE

CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña)

4

Montecastelo Little Bot

Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

5

PEÑA BOTS

Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)

6

LegoLar

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

7

SafeBots

Colexio de Fomento Montespiño (Culleredo, A Coruña)

8

Guillelme Brown

Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

9

Las Acacias Booster

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

10

Las Acacias BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

11

Legotrónicas

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

12

STEM GIRLS Las Acacias

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

13

LEGO Jones

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

14

Mont BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

15

Montecastelo BOT

Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)

16

3L3CTRIK

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

17

H4CKZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

18

R4PZ4POS

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

19

CTRL+T

IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

20

Brain Builders

IES Llanes (Llanes, Asturias)

21

Llanes Innovations

IES Llanes (Llanes, Asturias)

22

ArqueOrt

IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña)

23

LEGOCITOS

IES Moncho Valcarce (As Pontes, A Coruña)

24

Equipo Carvalho

IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)

25

MAKER VISION LAB

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

26

MEGA BUILDER TEAM

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

27

MEGA LEGO POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

28

MEGA RIBEIRA SUPER LEGO

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

29

ROBOT CITY POBRA

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

30

Kraken Girls

Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

31

TEAM KRAKEN

Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

32

Terra Explorers

IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña)

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Explore (de 6 a 9 anos)

Equipo 

Nome

Colexio

1

EQUIPO BUSCAPISTAS

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

2

EQUIPO DRAGÓN

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

3

EQUIPO FÓSILES

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

4

EQUIPO LEGOBOT

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

5

EQUIPO MINI CASTREÓLOGOS

CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)

6

Lego Prime

CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña)

7

Pandilla Coliseo

CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña)

8

Salvando a Petra

CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña)

9

Maker Lego Lar

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

10

Star Lego Lar

Colexio Lar (Mos, Pontevedra)

11

LEGO Excavators

Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

12

Super Lego

Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

13

LOS EXPLORADORES

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

14

TUTANKAMON

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

15

SUPER PRIME MAKER DINO LEGO

e-makers Lab (Narón, A Coruña)

16

MEGA BUILDER TEAM JR.

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

17

MEGA RIBEIRA SUPER LEGO JR.

MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

18

TEAM KRAKEN - Calamares

Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

19

TEAM KRAKEN - Pulpitos

Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias)

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Explore (de 5 a 6 anos)

Equipo 

Nome

Colexio

1

Muralla China

CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña)

2

Bone Hunters

Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)