A Wii contará cun xogo de Pilates no verán
martes, 19 de maio do 2009
A modelo e actriz cubano-española
Daisy Fuentes é coñecida nos EE.UU. polas súas intervencións coma presentadora
na MTV e por anunciar
vÃdeos de Pilates na televisión, o
que aproveitan dende SEGA para lanzar un novo xogo para Wii, Daisy
Fuentes Pilates, que fará uso da táboa de equilibrio da consola de
Nintendo, seguindo os pasos do Wii Fit,
pero cambiando o ioga polo Pilates.
O xogo busca acadar unha experiencia máis completa que cos adestramentos en guiados
por gravacións en DVD, xa que emprega os controis da Wii para monitorizar os
movementos e conseguir unha resposta instantánea, asegurando que os movementos
dos usuarios sexan os axeitados para que rendan o máximo durante as súas
sesións de Pilates.
Daisy Fuentes presta a imaxe ao xogo e tamén pon a voz a este produto,
destacando o feito de que permite elixir entre español e inglés, algo pouco
habitual en produtos lanzados nos EE.UU., paÃs no que Daisy Fuentes Pilates verá a luz no vindeiro verán, descoñecéndose
polo momento se chegará a Europa.