A UVigo participa nun proxecto cuántico europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
xoves, 16 de marzo do 2023
O
proxecto Quantum
Secure Networks Partnership,
QSNP, impulsado por un consorcio de máis de 40 socios, entre eles a
Universidade de Vigo, e liderado polo Instituto de Ciencias
Fotónicas, ICFO,
con sede en Barcelona, conta cun orzamento de 25 millóns de euros e
unha duración de tres anos e medio. Nesta iniciativa están
implicados socios de toda Europa, entre os que hai 23 institucións
académicas, cinco fundacións, sete pemes e spin-offs,
tres integradores de redes e criptografÃa e catro operadores de
telecomunicacións.
Segundo
explican fontes da UVigo,
QSNP nace con tres obxectivos:
desenvolver tecnoloxÃa cuántica avanzada para redes de comunicación
seguras contra o poder cada vez maior dos ordenadores e a
sofisticación dos algoritmos; integrar esta tecnoloxÃa nos sistemas
de telecomunicación clásicos existentes e nos protocolos
poscuánticos; e entregar tecnoloxÃa europea crÃtica a
infraestruturas gobernamentais como a European
Quantum Communications Infrastructure
(EuroQCI).
- O investigador Marcus Curty
A
UVigo está representada neste consorcio por un grupo de
investigadores do Vigo
Quantum Communication Center (VQCC)
liderados polo catedrático Marcos Curty. Como explica o docente,
participan en tres paquetes de traballo, un sobre sistemas cuánticos
de distribución de clave con prestacións avanzadas, outros de clave
baseados en entrelazamento e independentes dos seus dispositivos e un
terceiro sobre protocolos de comunicacións cuánticas máis aló dos
sistemas cuánticos de distribución de clave.
Este
novo proxecto xorde ao abeiro do Quantum
Flagship,
un megaproxecto europeo que conta con 1.000 millóns de euros de
orzamento e dez anos de duración no que están involucrados máis de
5000 investigadores, co obxectivo de levar a fÃsica cuántica do
laboratorio ao mercado. Tras esta reunión de lanzamento en
modalidade virtual, a primeira reunión presencial con todos os
socios do consorcio celebrarase nas instalacións de ICFO
en Barcelona, do 24 ao 25 de abril.