A USC resolve o certame de subtitulado de vÃdeos cientÃficos ao galego TraduceTED
mércores, 11 de decembro do 2024
A USC resolveu a décima edición do certame #traduceTED2024 para recoñecer a calidade da subtitulado ao galego de charlas e vÃdeos TED de divulgación cientÃfica. Paola Costa Villanueva, polos subtÃtulos En busca da materia invisible que forma o universo, elaborados para o vÃdeo The search for the invisible matter that shapes the universe, de Chanda Prescod-Weinstein, obtivo o primeiro premio na modalidade A, dirixida á comunidade universitaria.
Pola súa parte, MarÃa Suárez Seijas, polos subtÃtulos Unha sinxela pregunta que poderÃa mellorar a saúde das mulleres, elaborados para a peza 1 simple question that could improve women’’s health, de Meryam Sugulle, acadou o primeiro posto na categorÃa para participantes que non pertencen á USC (modalidade B). Cada unha das gañadoras, recibirá un premio de 300 euros.
Na modalidade A, tamén resultou novamente premiada Paola Costa Villanueva, que obtivo o segundo premio nesta categorÃa polos subtÃtulos As matemáticas poden axudar a revelar as incógnitas do cancro?, elaborados para o vÃdeo Math can help uncover cancer’’s secrets, de Irina Kareva. Este premio está dotado con 250 euros. Finalmente, o terceiro galardón da modalidade centrada na comunidade da USC, dotado con 200 euros, recaeu en Rosa MarÃa Peña Crecente, polos subtÃtulos Por que non se pode meter metal no microondas?, elaborados para o vÃdeo Why can’’t you put metal in a microwave?, de Aaron Slepkov.
No marco da categorÃa dirixida a participantes alleos á USC, resultou premiado co segundo galardón de 250 euros, Diego RodrÃguez Vila, polos subtÃtulos de Un plan audaz para renaturalizar a Terra a escala masiva, elaborados para o vÃdeo A bold plan to rewild the Earth — at massive scale, de Kristine McDivitt Tompkins.
Máis información sobre a décima edición do certame e as anteriores na web do concurso.
A orixe desta iniciativa está no concurso #TEDSaúde, impulsado hai oito anos polo Servizo de Normalización LingüÃstica da USC para promover o subtitulado en galego de charlas e vÃdeos TED de ciencias da saúde, que ampliou a proposta, co gallo da décima edición, ao lexendado de vÃdeos TED de divulgación cientÃfica en calquera ámbito, cambiándolle o tÃtulo a #traduceTED.