A TVG estrea un programa que fai uso de vídeo inmersivo e 3D

luns, 9 de decembro do 2019 Marcus Fernández

Esta noite a Televisión de Galicia estrea un espazo pioneiro na televisión estatal, Un país en 360, concepto multiplataforma que enriquece os contidos televisivos con pezas publicadas na Internet que tiran proveito do vídeo en 360 graos e da estereoscopía (3D), o que supón toda unha innovación dos medios públicos galegos que convida a experimentar cunha nova linguaxe audiovisual á vez que saliéntase a riqueza dos espazos naturais e monumentais.
Un país en 360 levará aos espectadores a lugares como a Ribeira Sacra, a Mariña luguesa, a Costa da Morte ou as Illas Atlánticas, permitindo así ver en 360 graos algúns dos lugares máis representativos da nosa terra dende un punto de vista diferente, para o que cóntase con vídeos inmersivos, efectos little planet ou incluso efectos de bullet time que lembran á película de Matrix.
O novo espazo televisivo está presentado por Estíbaliz Veiga, quen coa axuda dunha cámara 360 introdúcese en numerosos recantos que irá amosando dun xeito diferente, permitindo un grande achegamento do espectador ás actividades que desenvolve, como barranquismo, piragüismo ou sendeirismo. Tamén contarán cun bloque no que persoas con diferentes capacidades dirixirán o voo dun dron que sobrevoará paraxes inaccesibles doutro xeito para o público.

Visita á Praia das Catedrais captada en 360 graos en 3D e 8K

PUBLICIDADE