A Selección Española terá unha PlayStation 3 de seu

luns, 10 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Sony Computer Entertainmnet España anunciou un acordo de colaboración coa Selección Nacional Absoluta de Fútbol o que suporá que no mes de novembro poranse á venda nunha edición limitada a 15.000 unidades un paquete composto por unha consola PlayStation 3 con disco duro de 160 Gb, mando DUALSHOCK 3 de cor vermella e un adhesivo cos motivos e cores características da Selección, de xeito que os seareiros do club poderán levar a súa imaxe ao seu centro de lecer electrónico.
O produto oficial poderase ver publicamente hoxe e mañá no Club Selección organizado no porto de Alicante co gallo do partido clasificatorio para a Eurocopa 2012 que enfronta a España e Escocia.


A Selección Española posando co novo pack de PS3

PUBLICIDADE