A Rede servirá de altofalante para o primeiro DÃa Internacional do Cocido
martes, 4 de marzo do 2014
Nos últimos anos puidemos ver como as redes sociais
convertéronse en lugares nos que millóns de persoas comparten fotografÃas das
súas mascotas e do que están a xantar, e conscientes desta tendencia organizan
o vindeiro 15 de marzo o DÃa
Internacional do Cocido, unha iniciativa que conta co apoio de máis de 15
restaurantes e máis dun cento de convidados, que busca converterse nunha
experiencia única, aberta a todo o mundo a través de redes sociais, blogs,
medios... para o que empregan como bandeira o hashtag #CocidoDay, que pretenden que se converta en Trending Topic.
Os máis de 15 restaurantes adheridos á iniciativa están repartidos polas
principais cidades galegas, Madrid, Barcelona e mesmo Portugal, onde servirase
como prato estrela do mes de marzo, o cocido galego, a oito convidados
(xornalistas, blogueiros gastronómicos ou persoeiros do 2.0) para contribuÃr a difundir
na Rede esta campaña que quere dar a coñecer este sÃmbolo da cociña tradicional
galega.
Este proxecto está aberto a todo o público, de xeito que calquera pode sumarse
compartindo as súas fotografÃas de cocido o vindeiro 15 de marzo coa etiqueta
#CocidoDay, promovida por catro persoais moi activas no sector das redes
sociais galegas, como son LuÃs
Ulloa, Alberto Ribas, Frenchy Ouviña e Laura Camino. O #CocidoDay pode
seguirse tamén na Internet a través de Facebook, Twitter, Instagram e Google+,
espazos nos que pode obterse máis información sobre esta iniciativa con
vocación de continuidade.
- Páxina web desta iniciativa gastronómica apoiada na Rede