A RAGC e GAIN convocan a edición 2021 dos seus premios galegos á transferencia tecnolóxica
venres, 16 de abril do 2021
A
Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de
Innovación (GAIN) veñen de convocar a edición 2021 dos Premios de
Transferencia de TecnoloxÃa en Galicia, que teñen o obxectivo de
recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as
que apostan por permitir o fluxo de innovación avanzada e de
proxectos, favorecendo que estes acaben por converterse en realidades
produtivas de mercado.
Nesta
sétima edición, os premios convócanse en tres modalidades:
·
Premio Francisco Guitián Ojea, a un traballo de investigación
aplicada. Recoñece o éxito dun grupo de investigación na creación
dunha tecnoloxÃa aÃnda non transferida e da que se deriven claras
aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.
·
Premio Fernando Calvet Prats a un caso de éxito de
transferencia de tecnoloxÃa promovido por un grupo de investigación.
Este galardón irá destinado ao grupo de investigación creador da
tecnoloxÃa transferida con máis éxito ao sector empresarial.
·
Premio Ricardo Bescansa MartÃnez a un caso de éxito
empresarial de implantación de tecnoloxÃa transferida. Concederase
á empresa que acredite a mellor implantación de tecnoloxÃa
transferida desde un grupo de investigación galego.
O
prazo para a presentación de candidaturas está aberto ata o 30 de
abril.
Quen
precise máis información, tena xa dispoñÃbel na
páxina web de GAIN.