A RAG inicia o proceso online para elixir a Palabra do Ano 2022
mércores, 7 de decembro do 2022
A
Real
Academia Galega xa comezou (este mes de novembro) no Portal das
Palabras o proceso aberto e participativo para procurar a Palabra do
Ano, edición 2022: un termo que sirva de resumo do acontecido
nos 12 meses pasados e que reflicta o sentir da comunidade
internauta galega. “Achégase o ano 2023 pero antes de pecharmos o
2022 toca facer balance e, como xa é tradición, escollermos coa
vosa axuda a Palabra do Ano dos últimos doce meses”, explican
dende a RAG, facendo un chamamento á participar e compartir. Neste
intre está aberta a primeira fase do proceso, até o 11 de decembro,
e que consiste a recolleita de suxestións.
A
segunda fase comezará o martes 13 de decembro, cando a RAG anuncie
cales son as palabras finalistas e poderemos votar pola vosa favorita
ata as 23:59 horas do domingo 25 de decembro.
A
terceira fase arrinca o martes 27 de decembro, cando a Academia
desvele que voz elixiron as e os internautas como Palabra do Ano
2022.
Na
edición do ano pasado, como lembraremos, foi elixido o nome dunha
das nosas máis representantivas bandas femininas: Tanxugueiras.