A PlayStation Store renova as súas rebaixas

xoves, 7 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Pese a que xa se dan por rematadas as festas de Nadal, non é así coas rebaixas no sector dos videoxogos, e dende Sony dan conta de que están a renovar os xogos que ofrecen con desconto na PlayStation Store, salientando que dende hoxe e até o 21 de xaneiro estarán dispoñibles, entre outros, Metal Gear Solid V: The Phantom Pain por 44,99 euros, Rocket League por 11,99 euros, DRIVECLUB Bikes por 12,99 euros e NBA 2K16 por 49,99 euros.
Outros xogos a bo prezo serían Dishonored: Definitive Edition por 14,99 euros, La Tierra Media: Sombras de Mordor por 19,99 euros (17,99 euros para os usuarios de PS Plus), Alien: Isolation por 17,99 euros (16,19 euros para os usuarios de PS Plus), Tomb Raider: Definitive Edition por 11,99 euros (10,79 euros para os usuarios de PS Plus), Assassin’s Creed: Unity por 19,99 euros e algúns máis.

Vídeo promocional das rebaixas na PS Store

PUBLICIDADE