A PlayStation Store rebaixa xogos de grande éxito no Xapón

mércores, 5 de xullo do 2017 Marcus Fernández

As tendas dixitais de videoxogos sempre comezan o verán con rebaixas, e tras os descontos iniciais teñen que buscar novas desculpas para facer diferentes seleccións de ofertas, e nesta ocasión recuperan a promoción Big In Japan ou de Grandes Éxitos no Xapón, ofrecendo descontos que en moitos casos están en preto do 60% en xogos moi recoñecidos.
Algúns exemplos de atractivos descontos serían Resident Evil 7 por 37,99 euros, a edición completa de Metal Gear Solid V por 11,99 euros, Dragon Ball Xenovers por só 8,99 euros, Resident Evil 4/5/6 a 9,99 euros cada entrega, Ultimate Marvel VS. Capcom 3 por 14,99 euros, Strider por 2,99 euros, Final Fantasy XV por 29,99 euros ou Yakuza Zero por 25,99 euros.
Amais, durante esta semana tamén está de oferta a metade de prezo The Elder Scrolls V: Skyrim Special Edition, que pode mercarse por só 29,99 euros, o que é unha excelente oportunidade para facerse con este grande título.

PUBLICIDADE